19 de diciembre de 2016
16 de diciembre de 2016
Que é RSS?
Para saber máis fai clic aquí |
Podemos comparar esta nova tecnoloxía coa acción de engadir un sitio a favoritos co fin de ter acceso a esta web con tan só un clic, máis empregada anteriormente.
Deixo un vídeo explicativo acerca dos lectores RSS:
Vantaxes de empregar RSS:
- Actualización instantánea e permanente.
- Acceso ás noticias ou información dunha determinada web sen ter que ir cara a ela desde o navegador.
- Seguimento daqueles sitios que visitamos asiduamente
- Aforro de tempo e diñeiro dunha forma didáctica e personalizada.
29 de noviembre de 2016
Curación de contidos
A curación de contidos é a estratexia que busca e selecciona contidos de calidade, e con relevancia, dentro de Internet para distribuílos de maneira analítica e modificada. Consiste en recompilar, filtrar e compartir contidos de valor sobre un tema concreto.
Trátase de contidos que non son propios, se non de terceiras persoas ou empresas. O profesional responsable desta tarefa é o content curator e o seu criterio e selección manual é o que marca a estratexia de curación.
Ferramentas para a curación de contidos
Para realizar este traballo da forma máis óptima posible, podes axudarche de ferramentas de curación de contidos. A continuación cito algunha delas:
Buffer
A mellor forma de empezar a utilizalo, é instalar a extensión no navegador, facendo que cada vez que navegues nunha páxina que che interesa, e que queres compartir cos teus seguidores, poidas facelo inmediatamente ou programala para o momento que elixas.
É coma unha revista personalizada, xa que a súa navegación é estilo magazine, o que favorece a lectura. Permíteche pasar páxinas para acceder a toda a información que queiras. Podes seleccionar o tipo de noticias que queres ver, as categorías e subcategorías, e ata seleccionar temáticas relacionadas para despois podelas compartir directamente nas túas redes sociais.
É moi fácil de manexar, só tes que ir engadindo aqueles blogues ou webs que che interesen, e despois directamente irache mostrando día a día as publicacións que hai deses blogues. Podes organizarche o contido por cartafoles.
22 de noviembre de 2016
Presentación do blog
Boas, chámome Sheila e quero darvos a benvida ao meu primeiro blog.
Son unha alumna da materia de TICs de 2º de Bacharelato no IES Universidade Laboral (Culleredo) e neste blog vou tratar, da mellor maneira que podo, algúns aspectos que me parecen interesantes dentro do mundo das TICs. Así mesmo, tómome a licenza de falar do meu blog como un blog de carácter tecnolóxico; aínda que non excluio a posibilidade de redactar algún artigo de marca personal con algunha da miñas afeccións.
Espero que os contidos vos resulten atractivos e non teñades reparo en participar a través dos comentarios.
Un saúdo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)