29 de noviembre de 2016

Curación de contidos

A curación de contidos é a estratexia que busca e selecciona contidos de calidade, e con relevancia, dentro de Internet para distribuílos de maneira analítica e modificada. Consiste en recompilar, filtrar e compartir contidos de valor sobre un tema concreto.
Resultado de imagen de curacion contenidos

Resultado de imagen de curación de contenidosTrátase de contidos que non son propios, se non de terceiras persoas ou empresas. O profesional responsable desta tarefa é o content curator e o seu criterio e selección manual é o que marca a estratexia de curación.

Ferramentas para a curación de contidos

Para realizar este traballo da forma máis óptima posible, podes axudarche de ferramentas de curación de contidos. A continuación cito algunha delas:

Buffer
 A mellor forma de empezar a utilizalo, é instalar a extensión no navegador, facendo que cada vez que navegues nunha páxina que che interesa, e que queres compartir cos teus seguidores, poidas facelo inmediatamente ou programala para o momento que elixas.

Flipboard
É coma unha revista personalizada, xa que a súa navegación é estilo magazine, o que favorece a lectura. Permíteche pasar páxinas para acceder a toda a información que queiras. Podes seleccionar o tipo de noticias que queres ver, as categorías e subcategorías, e ata seleccionar temáticas relacionadas para despois podelas compartir directamente nas túas redes sociais. 

Feedly
 É moi fácil de manexar, só tes que ir engadindo aqueles blogues ou webs que che interesen, e despois directamente irache mostrando día a día as publicacións que hai deses blogues. Podes organizarche o contido por cartafoles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario