29 de noviembre de 2016

Curación de contidos

A curación de contidos é a estratexia que busca e selecciona contidos de calidade, e con relevancia, dentro de Internet para distribuílos de maneira analítica e modificada. Consiste en recompilar, filtrar e compartir contidos de valor sobre un tema concreto.
Resultado de imagen de curacion contenidos

Resultado de imagen de curación de contenidosTrátase de contidos que non son propios, se non de terceiras persoas ou empresas. O profesional responsable desta tarefa é o content curator e o seu criterio e selección manual é o que marca a estratexia de curación.

Ferramentas para a curación de contidos

Para realizar este traballo da forma máis óptima posible, podes axudarche de ferramentas de curación de contidos. A continuación cito algunha delas:

Buffer
 A mellor forma de empezar a utilizalo, é instalar a extensión no navegador, facendo que cada vez que navegues nunha páxina que che interesa, e que queres compartir cos teus seguidores, poidas facelo inmediatamente ou programala para o momento que elixas.

Flipboard
É coma unha revista personalizada, xa que a súa navegación é estilo magazine, o que favorece a lectura. Permíteche pasar páxinas para acceder a toda a información que queiras. Podes seleccionar o tipo de noticias que queres ver, as categorías e subcategorías, e ata seleccionar temáticas relacionadas para despois podelas compartir directamente nas túas redes sociais. 

Feedly
 É moi fácil de manexar, só tes que ir engadindo aqueles blogues ou webs que che interesen, e despois directamente irache mostrando día a día as publicacións que hai deses blogues. Podes organizarche o contido por cartafoles.

22 de noviembre de 2016

Presentación do blog

Boas, chámome Sheila e quero darvos a benvida ao meu primeiro blog. 
Resultado de imagen de ulaboralSon unha alumna da  materia de TICs de 2º de Bacharelato no IES Universidade Laboral (Culleredo) e neste blog vou tratar, da mellor maneira que podo, algúns aspectos que me parecen interesantes dentro do mundo das TICs. Así mesmo, tómome a licenza de falar do meu blog como un blog de carácter tecnolóxico; aínda que non excluio a posibilidade de redactar algún artigo de marca personal con algunha da miñas afeccións.
Resultado de imagen de ulaboralEspero que os contidos vos resulten atractivos e non teñades reparo en participar a través dos comentarios.
Un saúdo!